lunes, 9 de octubre de 2017

Cambio temporal nos horarios das reunións de Lugo

Por motivos persoais das asesoras que atenden as reunións de nais das mañás, de forma temporal as mesmas comezarán a partires das 11.30 horas en lugar de ás 11 horas.

O horario das reunións das tardes mantense de 17 horas a 19 horas.

Graciñas.

miércoles, 22 de marzo de 2017

Cambio de horario na reunión do venres

Por razóns de dispoñibilidade das nosas asesoras, a reunión de nais de Lugo deste venres 24 de febreiro terá lugar pola tarde, de 17 a 19 horas no lugar de sempre.

Agardámosvos!!!

domingo, 12 de febrero de 2017

Asemblea Xeral 2017

Onte tivemos a nosa asemblea anual na que falamos de diversos temas e renovamos a xunta directiva. Queremos darlle as gracias a Gloria que sae, e dámoslle a benvida como Vicepresidenta a Montse. Gracias a todas as que asististedes.





domingo, 15 de enero de 2017

Comezamos o ano con boas novas

"Unha Consultora de Lactación Certificada (IBCLC, International Board Certified Lactation Consultant polas súas siglas en inglés) é unha profesional da saúde especializada no manexo clínico da lactación materna. O IBLCE (International Board of Lactation Consultant Examiners) é o organismo internacional independente encargado de certificar a todas as IBCLCs do mundo.

As Consultoras Certificados en Lactación Materna traballan dentro duns estándares e de acordo a un código ético establecido polo IBLCE e aceptado polas propias Consultoras.

Para obter a certificación, é necesario acreditar previamente unha serie de horas de prácticas, coñecementos de anatomía e fisioloxía da Lactación e o crecemento infantil, e formación específica en Lactación Materna. Unha vez cubertos estes requisitos previos, é necesaria a superación dun exámen teórico, de dificultade universitaria, e a reacreditación cada cinco anos, como medio para garantir a actualización de coñecementos das Consultoras.

Hai máis de 27.450 IBCLCs traballando en 96 países de todo o mundo".


En Bico de leite xa contamos desde hai anos cunha asesora que é IBCLC, Patricia López Izquierdo, pero desde finais do ano pasado, temos unha nova asesora que é IBCLC, trátase de Esther Martínez Bécares, membro fundadora do noso grupo, presidenta do mesmo nos seus comezos, e membro da Xunta Directiva en varias ocasións.

Parabéns, Esther, estamos moi moi moi orgullosas de tí!!!

Aquí podedes vela asesorando a unha nai no Arde Lucus :-)