Bico de leite somos mulleres, somos nais,e tamén somos nenas e nenos, país, avós e avoas, amigas e amigos...
Bico
de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto onde damos
teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e agarimo, damos
información e comprensión, damos axuda práctica, respostas, pero tamén
interrogacións... para seguir aprendendo.
Bico
de Leite é unha parte dunha
trama formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un
sentir común, que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando comezas a
aprender algo máis sobre o que iso significa para as nenas e nenos, para as
nais, para as familias, e para toda a sociedade.
Bico
de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden amamantar todo o
tempo que elas e os seus meniños queren...
Bico
de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible construir un
mundo mellor...
Por
todo isto, dámosvos as grazas, por crer en nós, por axudarnos, por colaborar e
participar, por compartirnos as túas experiencias. Grazas ás socias e ás asesoras, por dar ese anaquiño
de vós, ás nais, e a todas as que fixestes, facemos e faran,... para seguir
dando información e apoio a quen o desexe ou precise, e facer medrar esta gran
familia que hoxe somos: "Bico de Leite". Agardámosvos o día 1o de maio na Casa da Xuventude a partires das 10.30 horas para pasar o día xuntos.
Grazas
Bicos...
de leite