miércoles, 9 de abril de 2014

Novo Obradoiro de Masaxe


Boas noticias!, temos unha nova edición do obradoiro de masaxe!!!

 

martes 29 de abril de 11.00 a 13.00 hrs na Casa da Xuventude (Xesús Bal e Gay, 10)  a nosa socia e fisioterapeuta Belén García Iglesias impartirá un obradoiro de MASAXE INFANTIL.

Como xa recomendáramos na entrada do anterior obradoiro, podéis obter información máis detallada sobre estes beneficios, no seguinte ligazón:

 
Xa estades avisados, inscribídevos antes do venres 25 en bicodeleite@yahoo.es
As prazas son limitadas.
 
Ese día vide co voso bebé, unha mantiña (levar unha esteira ou colchón se o teñen xunto coa mantiña) e aceite de masaxe preferiblemente vexetal, e a disfrutar!.
 
 
 
 
 
 
 


jueves, 3 de abril de 2014

A Axitación do Aleitamento

 
 
 
O sentimento contraditorio de querer dar de mamá "coa cabeza" pero rexeitalo co noso corpo, pode ser unha das experiencias máis desconcertantes para unha nai.

Como este tema non perde vixencia, recuperamos unha vella entrada que compartise a nosa compañeira Susana:
 
(traducido e adaptado de http://www.llli.org/lang/espanol/lvaugsep03c.html de Hillary Flower, autora do marabilloso libro "Adventures in tandem nursing")
A axitación do aleitamento é unha fase moi dura para as nais, constituíndo un dos tabús da maternidade, mesmo dentro do movemento prolactancia, polo cal decidimos facernos eco aquí deste tema.


O embarazo parece ser a etapa específica na que se dá este sentimento, afectando a máis dun terzo das mulleres, sobre todo na segunda metade da xestación. Para moitas nais a axitación diminúe ao final do embarazo, mentres que para outras este parece ser o período no que é máis intensa.
Porén, a axitación pode ocorrer tamén a calquera nai que aleita ininterrompidamente, mesmo sen estar embarazada.

A natureza precisa da axitación varía enormemente de muller a muller: algunhas nais describen un sentimento de irritación (tensión, enfado, ansiedade), para outras é unha sensación de grima, mesmo noxo.
A severidade da reacción varía de lixeira (“Por que xa non gozo de aleitar a meu filliño?") a extrema (“Ahhhhhh! Quítenme de aquí a este neno!”). 

A axitación do aleitamento pode vir das nosas raíces coma mamíferas: a agresión maternal é común no mundo animal durante o tempo de destete, e é posíbel que o embarazo faga que os nosos corpos pensen que é tempo de destetar. 

En todo caso, a axitación non é un reflexo da relación materno-filial nin dos sentimentos da nai cara á lactancia. 

Quizais o enfoque máis axeitado radique na toma de conciencia persoal sobre estes sentimentos, no diálogo co neno ou nena e na posibilidade para a nai de ter máis tempo para ela.

+info aquí e aquí

E ti, nai lactante, sentiches algunha vez algo parecido?