jueves, 27 de marzo de 2014

Xuntanza Temática: Lactación, Anticonceptivos y Tándem.


Como sempre, este último venres de mes, teremos unha xuntanza temática, de 17 a 19 h na Aula de educación maternal do SERGASna r/ Doutor García Portela 11-baixo.

O tema a tratar: Anticonceptivos e Lactación Materna, MELA e Lactación Materna en tándem.

Se estás embarazada e o teu bebé maiorciño non se da destetado, pode que te encontres con algunhas dúbidas, ou que escoitases mitos e falsas crenzas como:

Que podes ter un aborto...Que dar o peito durante o embarazo lle "rouba o calcio ao bebé" por nacer...Que a nai queda sen calcio...Que o leite maduro, cando se aleita un maiorciño, non vale para o recén nacido...

O pode que tiveses un bebé recentemente e non teñas claro como controlar a natalidade mentres estás a aleitar, se podes tomar a pílula, se será certo que a lactación evita novos embarazos.

Se queres conversar acerca destes temas, ou de calquera outro, non deixes de achegarte á nosa reunión temática de marzo. Recorda que son benvidos os nenos, pais, avoas...

Agardámosvos!