martes, 23 de abril de 2013

Próximo Relatorio: Lactancia e Apego Seguro




sábado 4 de maio do 2013, de 11 a 1 do serán, no Centro Lug II sito na Rúa Pintor Corredoira, 4 - 27002 Lugo (na intersección das rúas: Armando Durán e Pintor Corredoira)).

Convidámosvos ao relatorio  "LACTANCIA E APEGO SEGURO" que impartirá Carmen Sirvent Artiagaunha excelente terapeuta humanista de longa trayectoria, especializada en maternidade e psicoloxía infantil, que novamente temos a honra de contar coa súa colaboración:http://www.carmensirvent.com/

Escollemos este tema porque temos constancia de que a lactación materna esperta nas nais unha resposta fisiolóxica que favorece a conduta materna, o apego e o vínculo co bebé, redundando en múltiples beneficios para toda a familia.


O relatorio será gratuito para socias/os e só custa 5 euros por persóa para non socias/os.

Inscricións:
Por correo electrónico: bicodeleite@yahoo.es
Por teléfono: 982816119 - 629365337 (Gloria)

Asóciate, colabora connosco, por só 20€ ao ano, e benefíciate da gratuidade dos nosos obradoiros e de descontos na consulta de Carmen Sirvent (pídenos o teu carné de socia)


domingo, 21 de abril de 2013

Xuntanza Temática Abril: O Destete


O derradeiro venres de abril adicaremos a nosa xuntanza temática mensual ao DESTETE.

A idade en que o neno ou nena deixa de mamar de xeito espontáneo é variable, mais cando chega ese momento, a nai adoita ter sentimentos ambivalentes: dunha banda, sente fachenda por ter cumprido a súa función, mais doutra, sente mágoa porque bota de menos os momentos do aleitamento.

Non obstante, tamén hai situacións nas que a nai, por diversos motivos, desexa destetar. Nelas recoméndase non ofrecer e non negar, coa finalidade de que o destete sexa paulatino e respectuoso co neno ou nena, xa que se trata dun gran cambio, tanto desde a perspectiva nutricional como emocional.
Aquí tendes información máis polo miúdo.

Lembrámosvos que, sexa como sexa o voso destete, natural ou dirixido, podedes buscar apoio na nosa asociación.

Deste tema falaremos máis ampliamente o venres 26 de abril. Coma sempre, tamén resolveremos as vosas dúbidas sobre outros aspetos da lactación materna.

Será de 17 a 19 h na Aula de Educación Maternal do Sergas sita na rúa Doutor Portela nº 11 baixo Lugo.

Agardámosvos!