viernes, 20 de abril de 2012

Reunión temática de abril

2011-12-16 20_00_39

O derradeiro venres de abril dedicaremos a nosa xuntanza temática mensual ao DESTETE.
A idade en que o neno ou nena deixa de mamar de xeito espontáneo é variable, mais cando chega ese momento, a nai adoita ter sentimentos ambivalentes: dunha banda, sente fachenda por ter cumprido a súa función, mais doutra, sente mágoa porque bota de menos os momentos do aleitamento.
Non obstante, tamén hai situacións nas que a nai, por diversos motivos, desexa destetar. Nelas recoméndase non ofrecer e non negar, coa finalidade de que o destete sexa paulatino e respectuoso co neno ou nena, xa que se trata dun gran cambio, tanto desde a perspectiva nutricional como emocional.
Aquí tendes información máis polo miúdo.
Lembrámosvos que, sexa como sexa o voso destete, natural ou dirixido, podedes buscar apoio na nosa asociación.
Deste tema falaremos máis ampliamente o venres 27. Coma sempre, tamén resolveremos as vosas dúbidas sobre outros aspectos da lactación materna.
Será de 17 a 19 h no noso local do Centro Lug II (r/ Pintor Corredoira 4, Lugo).
Agardámosvos!