O único que precisa un bebé son unha nai e mais un pai dispostos a cambiar (Laura Gutman)
Eu son Susana e teño unha nena de case ano e medio, o cal me permite ver con claridade a morea de obxectos superfluos que acumulei para o seu nacemento:
- Berce (durme connosco desde a alta hospitalaria)
- Carriño (aparqueino cando ela tiña seis semanas e descubrín os portabebés)
- Hamaca (que imita o balanceo do camiñar materno -os bebés prefiren o orixinal!)
- Mamadeiras e chupetes (usamos a teta para todo)
- Cantidades inxentes de roupa (cando, aínda hoxe, pasa a maior parte do tempo en pixama)
- Babeiros e puchos (non os atura)
- Xoguetes con moitas luces e sons (e o que realmente a apaixoa son os botes, os cargadores de móbil e mais as pinzas da roupa)
- Caixas de publicidade e mostras que nos deron nos cursos de educación maternal (e xa postos, o tempo que invertín asistindo a eles...)
- Consellos infundados, non pedidos e contradictorios entre sí
Máis adiante aínda me insistiron en que mercase andador, parqueciño e cadeira de paseo... Mais xa non caín;)
Cal é a vosa experiencia neste tema?
miércoles, 30 de marzo de 2011
lunes, 28 de marzo de 2011
Publicidade
Dunha banda, queremos comentarvos que vén de publicarse na prensa unha pequena entrevista á nosa presidenta sobre a xuntanza temática do pasado venres. Podedes lela aquí.
Esta semana a nosa asociación apareceu en varias ocasións en El progreso e mais na edición luguesa de La Voz de Galicia, así que desexamos aproveitar para agradecer aos devanditos xornais que nos axuden a publicitar a nosa actividade e así chegar a un maior número de persoas.
Doutra banda, informámosvos de que xa temos trípticos actualizados.
De facervos falla, achegádevos a unha das nosas xuntanzas e levade os que precisedes...
Podedes informarvos sobre outras formas de colaborar connosco aquí.
Moitas grazas!!
viernes, 25 de marzo de 2011
A lactancia materna existe!
E debería aparecer...
... nas novas e nos documentais sobre animais...
(Si si, isto é o normal, non que o granxeiro dea mamadeiras aos añiños!)
... nos debuxos animados...
(Nesta escea de "Ponyo no acantilado" (Hayao Miyazaki, 2008) a nena ofrece un sándwich ao bebé e a nai explícalle que este se alimenta do seu leite. O amigo da nena mesmo rememora con agarimo cando el era aleitado... En cambio nos Looney tunes até o pitiño ten mamadeira!)
Pensade un intre e dicídenos... Onde máis "non existe" a lactancia materna?

sábado, 19 de marzo de 2011
Reunión temática de marzo
O venres 25 de marzo trataremos tres temas sobre os que seguramente vos xorden dúbidas:
1- Lactancia e fertilidade
O aleitamento materno é un bo anticonceptivo durante os primeiros 6 meses sempre que se cumpran as seguintes condicións:
- ausencia de menstruación
- lactancia materna exclusiva
- lactancia materna frecuente e a demanda
2- Lactancia e embarazo
Pódese continuar aleitando durante a xestación, agás que exista unha amenaza real de parto prematuro.
Porén, cómpre saber que as hormonas diminúen a produción de leite cara ao terceiro mes e cambian o seu sabor contra o quinto mes. Algúns nenos e nenas notan tales cambios e destétanse, outros non.
3- Aleitamento en tándem
Neste punto animámosvos a ler a experiencia dunha das nosas socias;)
Podedes aprender máis sobre estas cuestións aquí e, por suposto, na nosa xuntanza do vindeiro venres - coma sempre, a partires das 17 horas no noso local do Centro Lug II.
Aproveitamos para lembrarvos o relatorio programado para ese mesmo día na Mariña...
En fin, sexa na sé de Lugo ou na de Foz... Agardámosvos!
Obradoiros para nenos e nenas
Comprácenos anunciarvos que a Tradescola, unha escola de música e baile tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e subvencionada por diversas administracións, impartirá unha actividade para nenos e nenas durante as nosas xuntanzas en horario de tarde (segundo e último venres de cada mes).
Aínda que as reunións teñen lugar de 17 a 19 horas, os obradoiros celebraranse ao comezo da xuntanza e terán unha duración aproximada de media hora.
Esperamos que vos pareza tan boa idea coma a nós;)
Comezamos xa o venres 25 de marzo -ides vir?

Feliz día do pai!
miércoles, 16 de marzo de 2011
Agasallo
É un pracer compartir convosco este fermoso debuxo do capitán Lugo, gardián das boas causas na nosa cidade... Mil grazas capitán!!!;)
martes, 15 de marzo de 2011
Saímos na tele!!
Lembrades que hai dous meses nos gravaran para o programa MOBilízate? Pois emítese esta noite ás 23:00!
Se a hora non vos coincide ben, podedes velo aquí.
Aproveitamos para agradecer a Vtelevisión que contase connosco para este proxecto, así como a todas as persoas que participastes nel...
... Cremos que visibilizar a maternidade sempre paga a pena.

lunes, 14 de marzo de 2011
domingo, 13 de marzo de 2011
Solidariedade
Coñecedes Eats on feets? Trátase dunha rede de doazón de leite humano entre familias que contactan vía Facebook. A iniciativa foi ideada o pasado verán en Norteamérica, ao uniren esforzos unha matroa de Arizona (Shell Walker) e mais unha lactivista canadiense (Emma Kwasnica).
Perante a escaseza de Bancos de leite en España, funciona tamén no noso país dende hai pouco.
Aquí podedes ler unha entrevista feita a Raquel Ramos, creadora e usuaria da versión española deste interesante proxecto.

lunes, 7 de marzo de 2011
Aínda toma teta?
Pois si.
Segundo numerosos estudos antropolóxicos, o destete natural na nosa especie produciríase entre os 2 anos e medio e os 7 - os dentes de leite chámanse así por algo...
A OMS recomenda como mínimo dous anos de aleitamento materno. En España a duración media atópase en 3 meses...
Máis que falar da lactancia prolongada, cremos que cumpriría ataxar as causas dese destete temperán: desinformación, falta de apoio social á maternidade, ausencia de políticas efectivas de conciliación...
Os grupos de apoio intentamos cubrir esas lagoas, mais precisamos a colaboración de toda a sociedade para cambiar a perspectiva.

viernes, 4 de marzo de 2011
Entroido
martes, 1 de marzo de 2011
Relatorio na Mariña
O venres 25 de marzo ás 17.30, na Casa da Cultura de Foz, temos a sorte de contar coa colaboración dunha das nosas socias fundadoras, Beni Martínez, matroa e conselleira de lactancia por Unicef.
A charla leva por título "Normalizando o aleitamento materno" e está dirixida a nais e pais -presentes ou futuros;)
Coma sempre, podedes vir acompañados de quen queirades -nenos e nenas incluídos!
A entrada é libre e gratuíta -vémonos alí?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)