sábado, 12 de diciembre de 2009

Calendarios de lactancia 2010

Este ano dende FEDEGALMA editouse este fermoso calendario cunha selección de fotos das participantes no I Concurso de Fotografía sobre lactanción materna.

Calendario FEDEGALMA 2010 Portada

Aínda está no forno, pero contamos telo en breve, así que se aínda non tendes calendario de parede para este ano, ou se queredes alegrar a vosa casa con imaxes fermosas de lactancia non tendes máis que nos pedir un exemplar, estarán á venda por 3€.

Agardámos que vos guste, deixámosvos con algunha delas, se queredes velas máis grandes pinchade enriba.

Calendario FEDEGALMA 2010 Maio Calendario FEDEGALMA 2010 Xullo

Calendario FEDEGALMA 2010 Setembro Calendario FEDEGALMA 2010 Decembro

viernes, 11 de diciembre de 2009

Recordatorio

Lembrámosvos que hoxe, malia non ser o día habitual, temos a nosa reunión temática mensual adicada ós papás.
Achegádevos ás 17h polo local para falarmos un pouco. Agardámosvos!

domingo, 6 de diciembre de 2009

Especial mes de decembro

Este mes é especial por moitas razóns, o último venres do mes, o que normalmente adicamos á nosa reunión temática é festivo, así que decidimos que este ano iamos facer tamén unha reunión especial noutra data, o vindeiro Venres 11, ás 17h no noso local de sempre adicamos a nosa reunión ós papás. podedes ler máis aquí, na entrada anterior.

canguritos1
www.mamadelola.com

Pero ademáis, como sabemos que moitos dos vosos e nosos familiares insistirán en facerlle un agasallo ó novo ou futuro membro da familia, pareceunos boa idea facer un OBRADOIRO DE PORTABEBÉS, para amosárvos as distintas opcións de portabebés que existen e que respectan a fisioloxía do bebé para permitir o seu correcto desenvolvemento e do porteador para que non resulten unha tortura para as costas ós 2 meses. Será o sábado día 19 no noso local de sempre e tamén ás 17 da tarde.

Axudádenos a difundir a información deste especial mes de decembro imprimindo este documento (tédelo tamén na coluna da dereita) e colocándoo onde vos pareza que pode ser interesante, ou transmitíndollo a outras familias interesadas.

Cartaz especial mes de decembro

sábado, 5 de diciembre de 2009

O papel do pai

O vindeiro venres día 11 adicaremos a nosa reunión semanal ós pais, que compren un papel se cadra menos estelar na crianza das meniñas e meniños mais non por iso menos importante...

Hai tantas cousas que pode facer o pai!! De feito todo menos dar o peito!
madre-con-padre-ayudando
E non menos importante que as cousas materiais que pode facer polo bebé e a mamá, no traballo da casa por exemplo...
É que pode facer como apoio moral e acompañamento emocional na fermosa, pero ás veces non doada, tarefa da crianza.
Con respecto á lactación materna, é moito o que pode aprender (tanto como ela), para con todo o aprendido ter seguridade e ser forte nos intres de dúbidas e posibles atrancos; e por suposto para estar aí ofrecendo unha aperta agarimosa no momento preciso.


papa mudando

Os pais sempre son benvidos a Bico de Leite, pero especialmente nesta ocasión convidamosvos a todos, para que poidades compartir con nós ás vosas dúbidas e inquedanzas, e tamén contarnos as vosas experiencias...

Agardámosvos.

Bicos de leite

domingo, 22 de noviembre de 2009

Reunión temática: "A evolución do peso nos bebés aleitados"

 Báscula bebé

REUNIÓN TEMÁTICA do mes de Novembro ( 27/11/2009 , ás 17h):

A EVOLUCIÓN DO PESO NOS BEBÉS AMAMANTADOS

O crecemento das nosas fillas e fillos, é algo que nos preocupa a todas as nais e pais.

As veces estas preocupacións son infundadas froito de mitos e prexuizos, e as veces non.

Agora mesmo dispoñemos a nivel mundial de unhas novas táboas de crecemento dos bebés, elaboradas pola Organización Mundial da Saúde, que serven universalmente e están feitas con bebés alimentados exclusivamente con leite materno, sanos e procedentes de distintos paises do mundo.
Estas novas táboas son unha ferramenta moi válida para estudar o crecemento dun bebé, pero non quere dicir que os nenos teñan que se adaptar perfectamente aos seus "caminiños" ou percentis, xa que estas curvas non son mais que aproximacións estatísticas.

Cada neno describe a súa propia CURVA de crecemento, que é normal que sexa quebrada e pase por riba e por baixo de varios percentís durante os primeiros meses.

As primeiras semanas o aumento do peso debe ser controlado para que sexa adecuado e suficiente. Ainda que o rango do aumento normal de peso é moi amplo.

É moito mais preocupante hoxe en día na nosa sociedade a obesidade infantil que a posible desnutrición.
O leite materno protexe ás nenas e nenos contra a obesidade a longo prazo.

Cada bebé ten o seu ritmo de crecemento xenéticamente previsto, hai bebés de teta que medran moito e moi axiña, e outros que non. Estando todos igual de sans.

Se tendes dúbidas sobre o peso do voso bebé e vos apetece falar sobre este e outros temas relacionados...

Agardámosvos, como cada venres no noso local da Rúa García Portela.

Ata pronto.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Contos con tetas, de novo: ELLA.


De Angel Sauret

Ella

Editorial la Galera , primeira edición febreiro de 2007.

Este conto gañou o I concurso de contos Infantís "lactancia y crianza" organizado pola Federación Catalana de Grupos de Apoio a la Lactancia Materna (FEDECATA), irmá maior da nosa Fedegalma.

Probablemente foi o libro pioneiro na literatura infantil española sobre lactancia materna.
Trátase de unha historia familiar, a chegada de unha irmá pero dun xeito un pouco diferente ó convencional... nun parto domiciliario e atendido por unha matrona.

Ella 001

O conto é narrado polo irmán maior: Luis, e xira en torno á elección do nome de Ella, aínda que os protagonistas son estes debuxos tan tenros, e esa maneira tan natural de explicar cousas (polo de agora) pouco convencionais...

Ella 2

Un xeito inmellorable de normalizar tanto o nacer na casa, como o dar á teta dende o minuto cero de vida do bebé, todo elo nun ambiente doce e cálido... cos seus destellos de humor...

Hala! Xa tendes outro libriño especial que pedir nas vosas librarías.

(e aínda nos quedan máis no tinteiro!)

Bicos de Leite para todas e todos

sábado, 31 de octubre de 2009

Celebración da Semana Mundial da lactación Materna 2009

Xa con bastante demora, contámosvos:
A festa foi moi ben, o tempo acompañou e coma sempre os meniños e e meniñas foron os protagonistas.
Gústanos compartir estas bonitas imaxes.

IMG_2499

IMG_2490

IMG_2456

smlm 09

smlm 09

smlm 2009 lugo

jueves, 29 de octubre de 2009

REUNIÓN TEMÁTICA 30 de Outubro de 2009: LACTANCIA E SONO

mami y bebe

Como dormen os bebés?
Dormen moito ou pouco?
Co paso do tempo dormen máis ou menos?
Cando van durmir toda a noite?
Os cereias de cea para que non esperten, mito ou realidade?
Os nenos de teta durmen peor que os de biberón?
É malo durmir os pais cos bebés?

Se vos facedes algunha destas preguntas, ou se estades deseperad@s porque o voso fillo non pega ollo... Seguro que vos compensa vir a visitarnos este venres de 17 a 19 horas.
Falaremos destes temas e outros que se prantexen, compartiremos coma sempre as nosas experiencias.

As avoas, as cuñadas e as tias tamén están convidadas.

Ata pronto.

jueves, 15 de octubre de 2009

Manifesto da Semana Mundial da Lactación Materna

Semana Mundial da Lactación Materna 2009
A LACTACIÓN MATERNA: UNHA RESPOSTA VITAL EN EMERXENCIAS, ESTAMOS PREPARADOS?

A lactación é un ESCUDO que protexe aos bebés en caso de emerxencia.

En caso de emerxencias, os máis pequenos son sempre os máis vulnerables, nestas circunstancias a mortalidade infantil aumenta entre un 2 e un 70% por mor da desnutrición e das enfermidades.

Unha emerxencia pode acontecer en calquera momento e en calquera lugar, tamén nos países desenvolvidos.

A lactación materna constitúe nestes casos un escudo protector para os bebés, e grazas a ela poderán mesmo salvar a vida.

O fomento do aleitamanto nas situacións normais prepara ás nais e familias para desenvolverse correctamente se se presenta unha emerxencia ,e para seguir dando aos seus fillos un alimento nutricionalmente óptimo, seguro, e completamente sostible: O leite materno.

Como xa se fixo durante a Ofensiva de Gaza (entre outras catástrofes humanitarias) fanse chamamentos internacionais para impedir as doazóns de leite artificial para as familias afectadas, de xeito que non se perxudique a eses nenos e nenas poñendo en perigo a continuidade da lactación materna, clave para a súa saúde e supervivencia.

É importante dar esta información, para contrarrestar outras campañas publicitarias, falsos mitos, e desinformación existentes respecto ó feito de amamantar.

Dándolles a todos os axentes sociais a información e concienciación necesaria para promover e protexer o amamantamento como un xeito de protexer aos nenos e nenas.

A definición de Emerxencias e situacións de crise son:
• Conflitos bélicos
• Desastres Naturais
• Enfermidades graves
• Desamparo ou problemas familiares ( separacións , abandonos , violencia no fogar...)

Podemos polo tanto interpretar que na actual situación de Pandemia de Gripe A , estamos ou poderíamos entrar en estado de emerxencia.

As autoridades sanitarias internacionais e a nosa Ministra de Sanidade recomendan em relación á gripe A:
  1. Manter a lactancia materna polo menos ata os dous anos de idade do bebé para protexelo da gripe H1N1.
  2. As mulleres infectadas de gripe A , que estean lactando aos seus fillos/as , pódeno seguir facendo e recibir antivirais.
  3. Se o bebé está enfermo á súa vez é cando máis precisa do leite da súa nai. Se ela está demasiado feble para aleitalo directamente, pódese alentala para que extraia o leite e lle sexa ofrecido ao bebé, preferiblemente sen biberóns para non interferir na succión posterior ó peito.
  4. A lactación deberíase inciar inmediatamente despois do nacemento, e o peito será ofrecido a miúdo. Evitando o leite de fórmula innecesario para que a inxesta de anticorpos co leite materno sexa o máis alta poible.
Os bebés alimentados ao peito son moito menos vulnerables ás infeccións respiratorias e sofren menos hosptalizacións.

Outra situación grave na actualidade é a alarmante epidemia de obesidade infantil.

Según a OMS, España é un dos países da UE con maiores taxas de obesidade infantil.
Unha das causas disto é a mala alimentación.
Estímase que un 27,6 % dos rapaces e rapazas de entre 2 e 24 anos sofren exceso de peso (sobrepeso ou obesidade).
Un neno/a obeso ten moitas probabilidades de chegar a ser un adulto obeso con todo o que iso conleva en riscos para a súa saúde.
A Lactación Materna protexe da obesidade e é un escudo que funciona durante toda a vida.

Para finalizar:
A práctica da lactación materna ofrece protección aos bebés contra o maltrato e a violencia doméstica xa que contribúe a formar vínculo entre a nai e os fillos/as, que promoven a súa protección instintiva.
A lactación materna ademáis fomenta a autoestima das mulleres e incrementa á súa autonomía ante as discriminacións e desigualdades de xénero.

A Lactación Materna: unha resposta vital en emerxencias.

jueves, 1 de octubre de 2009

Celebración da Semana Mundial da lactación Materna 2009

O vindeiro Sábado día 3, a partir das 12h. xunto os cantóns ó fondo da Praza Maior, preto do kiosko celebraremos unha pequena festa do aleitamento, onde vos convidamos a todos a gozar de

- música e xogos para os máis pequenos
- reparto de globos brancos para reivindicar a baixa maternal de 6 meses
- concentración de nais lactantes na que aproveitaremos para dar o peito ó aire libre cando os meniños o precisen e normalizar así o feito de aleitar ós nosos fillos
- a lectura dun manifesto coas nosas reivindicacións:

A protección, promoción e normalización da lactación materna, en todos os ámbitos da vida e da sociedade, tamén en situacións de emerxencias.

smlm2007

O lema deste ano da Semana Mundial da Lactación Materna é “Lactación materna unha resposta vital en emerxencias, estamos preparados?” sobre o que vos seguiremos facendo reflexionar ó longo da semana vindeira.

smlm-2009

Agardámosvos o sábado día 3 de Outubro, ás 12h. xunto ós cantóns ó fondo da Praza Maior preto do kiosko.

Lembrámosvos tamén que mañá hai reunión de nais no horario habitual.

Formámonos

Esta pasada fin de semana algunhas de nós tivemos a oportunidade de acudir ó curso de formación en destrezas avanzadas en lactancia materna que organizaron as compañeiras do grupo de apoio BBTTA de Narón.

O curso foi impartido por Alba Padró Arocas, asesora do grupo ALBA lactancia materna e IBCLC (International Board Certified Lactation Consultant)

O curso foi intenso, un día e medio para impartir un temario amplo, pero o tempo pasóusenos voando atendendo ás explicacións tan amenas de Alba.

curso lactancia BBTTA

curso lactancia BBTTA

Tivemos tamén un pouquiño de tempo para compartir falando nos descansos.

curso lactancia BBTTA descanso

Todo un pracer compartir este tempo coas compañeiras (e compañeiro), ogallá teñamos a posibilidade de repetir axiña, por seguir aprendendo sempre e por pasar estes momentos con xente estupenda.
Moitas grazas a todas!!

Pon fotos sin limite en slide.com GRATIS!!!

martes, 29 de septiembre de 2009

Na charla de Rosa Jové

charla Rosa Jové

Así estivo de concorrida a sala onde Rosa Jové deu a charla o día 19 de setembro.

Puidemos escoitala e gustounos ver como os pais e nais que acudían semellaban tan interesados.

Agardamos poder seguir colaborando con Agadei noutras ocasións.

Deixámosvos unhas fotiños aquí para que vexades o ben que o pasaron tamén os pequenos.

charla Rosa Jové

charla Rosa Jové

charla Rosa Jové

charla Rosa Jové

Grazas a todos e todas. Que vos pareceu? Cales son as vosas impresións?

viernes, 25 de septiembre de 2009

Reunión temática do mes de setembro

Lembrámosvos que esta tarde ás 17h, no local da rúa García Portela 11, baixo, vos estaremos agardando para falar da falta de leite, as súas causas e as solucións.

Ademáis de calquera outro tema que queirades tratar. Sodes benvid@s vós e os vosos pequenos.

martes, 15 de septiembre de 2009

Charla de Rosa Jové

Con pouca antelación, pero con moita ilusión, querémosvos convidar á charla que organizamos xunto con AGADEI, a asociación galega de escolas infantís, sobre a crianza dos nosos nenos e nenas.

Bico de leite_Cartel Rosa Jové

A charla de Rosa Jové, autora do Libro sobre sono Dormir sin lágrimas e do último La crianza feliz tratará varios temas que nos interesan e ademáis relacionados tamén coas escolas infantís.

Agardámosvos este sábado día 19, ás 11 da mañá no salón Arosa do Gran Hotel de Lugo.

jueves, 10 de septiembre de 2009

Comeza o curso

E con el, retomamos as nosas reunións temáticas mensuais.

Este mes de setembro, o venres 24, de 17 a 19 horas no local da Rúa garcía Portela 11, baixo adicaremos a tarde a falar entre todas as que veñades, do tema:

A FALTA DE LEITE. Causas e solucións.

Lembrarvos que sen vós non hai grupo de nais, que o que enriquece as reunións son as vosas opinións, e que nós, todas as nais, intercambiemos as nosas ideas, todas as lactancias son diferentes, e ás veces unha de vós pode ter a solución para o problema doutra nai.

Animádevos a compartir experiencias! Agardámosvos.

jueves, 20 de agosto de 2009

Publicidade

Aí van algunas situacións que me aconteceron coa miña Icía en relación á publicidade, que está tan presente nas nosas vidas e nas dos nosos pequenos e que inflúen tanto no comportamento da nosa sociedade e que polo tanto debera de coidarse moi moito o que nos medios de comunicación aparece.
En primeiro lugar, quixeramos felicitar a Leyma polo seu anuncio de leite

leyma

Non só é acertado o texto senón tamén a imaxe na que se mostra a un neno maiorciño en primeiro plano chuchando da teta. Con imaxes como esta contribúese a normalizar o feito de que os nenos e as nenas máis grandiños tamén toman e deben tomar teta, e que o mellor leite é o materno. Mágoa que o retirasen tan rápido das rúas porque merece estar moito tempo a ver se chega a mensaxe a mási xente. E sería ideal que se lanzasen a facer un na tele, ou para a prensa escrita.
Este tipo de imaxes é moi pouco habitual atopalas polas rúas, nas revistas, na tele... e de feito a miña filla ao ver o anuncio dende o coche dixo moi sorprendida: “Mamá, mira unha foto do Aldán!” Parecíalle que só podia ser unha desas fotos que están nas paredes da casa.

Ás veces me deixa sorprendida cos seus comentarios, como cando vimos por primeira vez na tele o anuncio de Milupa de Leite artificial, que por outra banda raia a ilegalidade ao supor unha violación do código facendo unha clara comparación entre o leite artificial e o materno intentando igualar as súas características e benefícios para facer crer ás nais que é tan bo como o leite materno. Parece como se estivesen promovendo unha rivalidade entre as nais que dan biberón e as que damos teta, que non existe nin debemos de fomentar xa que detrás de cada nai e cada fillo/a hai situacións particulares e imcomparables, entre outras moitas a falta de apoio e información no que a lactancia materna se refire. Os grupos de apoio á lactancia, por desgracia, non chegamos tan lonxe como anuncios como este con moito maior efecto mediático.



A Icía quedouse moi atenta e cando remata e di “Porque un bebé sano es un bebé feliz” ela dixo moi chea de razón: Feliz sería se tomara teta!!!

E xa para rematar, o anuncio da “Barbie entrenadora de delfins”, no que para colmo dos colmos aparece dándolle un biberón ao bebé delfin. E claro, ante a miña indignación dígolle a Icía . “Menuda, pero se os delfíns non toman bibe!” e Icía contesta “Tranquila mamá é só para xogar!!!! De verdade toma teta.” Demostroume así que ten claras as cousas non si?

Pois só me queda invitarvos a reflexionar sobre o que se nos mostra constantemente nos medios como o alimento dos nosos nenos e nenas....neste momento son excepcións os anuncios que mostran mamás aleitando aos seus nenos ou anuncios como do que xa vos falamos sobre lactancia materna clasificado como de contido non apto para menores en you tube. En fin!

Catuxa

lunes, 3 de agosto de 2009

Contos con tetas II

Despois deste pequeno parón estival no blogue... aínda que non no grupo, xa vai sendo hora de comentar algunha cousiña nova....

Falabamos aí atrás de que nos gusta moito atopar contos con tetas, con referencias ó feito de aleitar, e puñamos algúns exemplos.

Hoxe imos amosarvos outro, dun autor xaponés: Genichiro Yagyu, co inequívoco título de "Tetas"

Tetas, Genichiro Yagyu

Pertence a unha serie sobre as partes do corpo: " El mapa de mi cuerpo" da editorial e "Media vaca" (agosto de 2008)

O libro trata con moita sorna e moito humor do que son e o para serven os peitos femininos...
Comezando por comparalos cos masculinos.

Tetas, Genichiro Yagyu

En xeral é unha visión sinxela, directa e realista, da lactación humana.
É un conto para nenos, co que os pais pasamos un ratiño ben divertido.
Non creo que haxa ninguén capaz de lelo sen esbozar polo menos un sorriso, eu botei mais dunha gargallada.

Tetas, Genichiro Yagyu

Bicos de leite... e con contos... e con tetas ;oD

Patricia

lunes, 13 de julio de 2009

Grazas a todas!!

Pasámolo ben na merendola de fin de curso, resolvemos dúbidas, falamos dos primeiros días coas mamás que aínda agardaban polos seus bebés e xogamos, rimos, falamos e comemos galletiñas, e roscas e zumes e infusións. E, claro, moita teta :)

merendola fin de curso 2009 (2)

merendola fin de curso 2009 (3)

merendola fin de curso 2009 (6)

merendola fin de curso 2009 (5)

merendola fin de curso 2009 (4)

Grazas a tod@s!!!

merendola fin de curso 2009

lunes, 22 de junio de 2009

Reunión temática do mes de Xuño con merendola!!

CHARLA SOBRE OS PRIMEIROS DÍAS DOS BEBÉS

Para todas as mulleres embarazadas, pouco a pouco, achégase o gran día: axiña nacerá o bebé. Que ilusión! Que ledicia! Pero tamén... que medo!
Todo son dúbidas…
Como será o parto?
Irá todo ben no hospital?
Serei quen de coidar ben do meu pequeniñ@?
Collerame ben o peito?
Mancarame?
Pedirá moito? Ou pouco?
Apañareime eu soa? Darei feito todo?

uxia3

En Bico de Leite tentaremos dar resposta a estas e outras preguntas que poden xurdir respecto ós primeiros días de vida dos nenos, e tamén das mais.
Haberá algunhas suxestións prácticas, e agardamos que bastante información de interese para aquelas familias que desexan aleitar ós seus fillos e fillas.
Sobre todo darémosvos moito ánimo, porque cun pouquiño de apoio, todas podemos saír do paso e ser capaces de gozar da crianza dende ó primeiro día.

Tamén celebraremos que xa está aquí o verán cunha pequena festa, haberá refrescos e algunha cousiña de picar.
E coma sempre os nenos son moi benvidos, e tamén os pais, avoas, e todo aquel que teña interese nos temas a tratar.

Todo isto terá lugar o vindeiro día 26 de Xuño, no noso local habitual.

Agardámosvos!!!

Bico de Leite

viernes, 19 de junio de 2009

Fallo do concurso fotográfico

Este pasado sábado día13, celebramos o fallo do concurso de fotografía sobre lactación materna de FEDEGALMA (da que en Bico de leite formamos a directiva)-Noia.

Ía ser a entrega de premios, pero... tivemos tanta repercusión -mesmo internacional- e unha participación tan boa (117 persoas participantes e máis de 300 fotografías).

Que finalmente ós gañadores resultaron ser:

Un de Alicante, primeiro premio, para Laura Gómez Ramón:

1ºpremio(58)texto

Un de Navarra, o segundo , para Álvaro Martínez González:

2ºpremio(69)texto

Outra de Valencia, o cuarto premio, para César de Andrés Gil:

4ºpremio

E o mais próximo, de Lugo, o terceiro premio, para Alfredo Bongianni:

3ºpremio(16)texto2peq

De xeito que os galardóns non foron fisicamente entregados nesta ocasión.

Houbo, iso si, unha mostra das fotografías a concurso mais salientables.

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

exposición fotografías concurso fedegalma 2009

Aínda que elixir entre tanta beleza e expresividade nunca é doado, e quedaron moitas no tinteiro... que agardamos poder utilizar en próximas ocasións, como dicían as bases do concurso para seguir a promover e a difundir a imaxe da lactación materna.

Contamos para celebrar o evento, coa inestimable colaboración do pediatra do Hospital do Barbanza Dr. José Manuel Martín Morales, que é membro do Comité de Lactancia da Asociación Española de Pediatría, e que sempre está disposto a explicar e difundir as bondades da alimentación ó peito, e non só iso senon tamén da importancia dos Grupos de Apoio e do resto da sociedade, os profesionais e a familia para alentar e soster ás nais nesta fermosa pero ás veces dura tarefa da crianza.

Tamén salientou o traballo que queda por facer para lograr normalizar algo tan indubidablemente san e natural, ero que se atopa a cotío con tantos obstáculos.

Quedo cunha das súas primeiras reflexións:

“Pode que ver mamar a un pequeno de 4 ou 5 anos non sexa algo habitual, pero temos que ter claro que NON é nada malo”

E tamén coa perspicaz visión da discriminación da lactación materna respecto ó leite artificial que se fai nos medios de comunicación. Poñendo e seguinte exemplo de actualidade:

Cando se deu a traxedia do leite chinés contaminado que causou a morte e a enfermidade a milleiros de nenos, en ningún lugar se criticou ou cuestionou que o leite de biberón fose algo malo ou perigoso.

Mais cando apareceu UN só caso dun pequeno de raza negra aleitado que sufría raquitismo debido a non suplementación con vitamina D; especialmente necesaria para estes pequenos porque nas latitudes do norte (como era o caso) non reciben luz solar dabondo para sintetizar esta vitamina na súa pel; non se tardou en achar como a culpable ó leite materno que tomaba, e mesmo en especular abertamente sobre que o mellor alimento para os bebé podería traer de volta enfermidades do pasado como raquitismo...

En fin.

Tamén proxectou ó final da charla un pequeno vídeo spot publicitario, sobre a lactación, que merece a pena mirar, e que levaron a cabo os grupos de nais, porque de momento os poderes públicos non viron preciso gastar un peso en facer este traballo de promoción audiovisual, como pola contra se ten feito en moitas ocasións para outros hábitos de vida saudable, coma ao consumo de froitas e verduras ou o exercicio físico. E tamén en defensa da infancia coma a bonita campaña para previr o castigo físico ou os abusos a menores:

Podédelo ver aquí:



Agardamos que vos guste, ogallá poidamos velo nas canles de televisión e non so por internet.

Patricia

Nota: Queremos facer tamén unha chamada de atención sobre a falta de normalidade ante a lactancia, xa que este vídeo foi marcado por algún dos usuarios de youtube como de contido para maiores de 18 anos!!!